xoves, 20 de xuño de 2019

REMATAMOS OUTRO CURSO: FIN


O curso chegou ao seu fin e con el as nosas reunións do club.
Esta última foi moi agradable e interesante, xa que contamos coa colaboración de Carlos, Ángeles e Dolores, pais de alumnos de 1º de ESO, agradecémoslles  enormemente o seu esforzo, por cuestións de horario.
Grazas a todos os compañeiros que fan posible que o club funcione, pero sobre todo, grazas ao alumnado que participa nel como algo voluntario, facendo que sexa unha actividade realmente enriquecedora para eles(aínda que non o crean) .
 A min soamente me queda despedirme dicindo que foi un pracer compartir estes momentos que quedarán grabados na miña memoria, pero sobre todo no meu corazón.
UN ABRAZO INMENSO PARA TODOS!
Por certo, grazas Eva por eses biscoitos tan ricos que nos fas sempre con tanto cariño!!!!

ATA SEMPRE!!!!!!!!!!!!!!




mércores, 12 de xuño de 2019

CON RIVAS, DE NOVO... EN ALLARIZ!!!!!


O alumnado de 1º de BAC do Club de lectura Aquis participou no roteiro artístico-literario  A lingua das bolboretas, a partir da película do mesmo nome e baseada no libro de Manuel Rivas  Que me queres,amor?
O roteiro celebrouse en Allariz coa colaboración de distintos centros (Allariz,Celanova,Viana, Ferro Couselo,A Laboral,Blanco Amor e Bande).
Literatura,cine,teatro,música e pintura para aprender doutro xeito.







luns, 13 de maio de 2019

ROTEIRO LITERARIO POR CELANOVA

Ter tan preto a " Terra dos poetas", consideramos que debería ser unha visita obrigada.Por ser tan cercana,non por eso deixa de sorprender a súa beleza, tanto cultural como arquitectónica.
O programa,organizado pola Fundación Curros Enríquez, foi o seguinte:

-Recepción na Praza Maior e visita á Casa dos Poetas.

-Visita ó Mosteiro de San salvador e a capela de San Miguel.
-Visita á cela onde estivo preso Celso Emilio Ferreiro e subida á Torre das campás.

-Visita á biblioteca do IES Celanova .
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do percorrido.














domingo, 24 de febreiro de 2019

 MANUEL RIVAS

A visita de Manuel Rivas , organizada polo EDL,Club de lectura e a Biblioteca do IES Aquis Querquernis, coa colaboración do CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas,  foi un acontecemento que deixou en todos os presentes unha grande pegada.
 O autor falou de literatura,poesía e das obras que leron os rapaces ao longo do trimestre.
INESQUECIBLE,RIVAS!!!!!





domingo, 2 de decembro de 2018

TERTULIAS DE ALLARIZ

Os alumnos de 4º ESO compartiron unha xornada con outros institutos, onde a protagonista foi a 

escritora Antía Yáñez e a súa novela Senlleiras.

Durante a tertulia, respondeu ás preguntas dos asistentes e deu a súa visión sobre os distintos temas

 tratados na súa obra:os malos tratos,as novas tecnoloxías,as drogas,as agresións sexuais non

 denunciadas...

Para rematar, agradecer ó IES de Allariz a organización e acollemento dos que nos fai partícipes.

Grazas.











mércores, 21 de novembro de 2018

QUE RECUNCHO!

Pasámolo xenial expondo as lecturas dos cómics; ademais, a profe Esther preparounos un recuncho 

moi acolledor onde estivemos moi, moi cómodos.Aínda non rematamos e estamos xa esperando a 

próxima xuntanza.







domingo, 21 de outubro de 2018

UN CURSO NOVO

Empezamos unha nova "andaina lectora"  un curso máis, para intentar que as actividades de lectura 

levadas a cabo no club sirvan de aprendizaxe,pero tamén que gocen do atractivo necesario para que 

o alumnado disfrute con elas. 

CHEGOU A MALETA VIAXEIRA DE CÓMICS  e xa estamos todos ilusionados .A por eles,rapaces!